O galego Eloy Domíngez gaña o Play-Doc con No Cow on the Ice

Le terrain, de Bijan Anquetil levou o premio do xurado internacional

18/4/2016 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
1 lecturas | Compartido 0 veces

Eloy Domínguez. Por Tamara de la Fuente

No Cow on the Ice, un filme rodado durante unha estadía en Noruega polo galego Eloy Domínguez foi vencedor no XII Festival Play-Doc que se celebrou esta fin de semana en Tui. O xurado da sección oficial, composto polo crítico luso Nuno Lisboa, a directora do festival de Sarajevo Pravo Ljudski e a realizadora afroamericana Akosua Adoma Owusu destacou que o filme "desprega as complexidades da realidade da que o cineasta é parte, ao tempo que busca a súa propia linguaxe cinematográfica" e que o director "desafía o cinema ao se enfrontar a problemáticas difíciles mediante decisións cinematográficas honestas".
Pola súa banda, o xurado da crítica internacional CAMIRA, conformado por Mireia Iniesta (España), Raquel Schefer (Francia) e Luís Mendonça (Portugal), outorgoulle a victoria a Le terrain o retrato que Bijan Anquetil. realiza dunha comunidade xitana ao longo dun ano, mentres agardan por un realoxo. Nesta mesma categoría o xurado recoñeceu o filme Occidente de Ana Vaz.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Entidades