ButacaZero estrea no Museo Reina Sofía Melón Pelado

A compañía aposta polos títeres para esta produción, que se pode ver en Madrid os días 16 e 17 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
ButacaZero estrea no Museo Reina Sofía Melón Pelado

Como parte das actividades paralelas da exposición Esperpento, que abriu o pasado día 9 de outubro, o Museo de Arte Contemporánea Reina Sofía coproduce o último espectáculo da compañía galega Butaca Zero. Deste xeito, os días 16 e 17 de outubro o centro madrileño acolle a estrea de Melón Pelado.

Esta montaxe con texto de Esther F. Carrodeguas e dirección de Xavier Castiñeira, aposta polos títeres para presentar "unha farsa (non infantil) sobre os horrores domésticos das rapadas durante a guerra civil. Un esperpento -case valle inclanesco- sobre os horrores que sufriron as mulleres das familias vencidas tras a contenda que lles levou a esconder(se) e esconder a súa historia persoal entre catro paredes ata case desaparecer da esfera pública".

O proxecto conta con Nuria Gullón e Cris Collazo para levar a escena este proxecto no que a compañías aposta polos títeres. Segundo explica o resumo da obra, "dúas titiriteiras abren unha caixa de bonecas que en realidade é un baúl dos recordos. Arranca o conto. España, mil novecentos trinta e tantos. Ameniza o espectáculo a Banda de Música do Pobo (de calquera pobo). Entre o posto de churros e a caseta de anís comparece a procesión, o desfile, a comparsa. Pero trátase dun desfile dantesco de bonecas rapadas. A obra, sen dúbida parece un esperpento. Pero de Valle-Inclán non é. Melón Pelado propón unha viaxe iniciática cara lugares da historia non escrita nin contada, nin moito menos fotografada, para reflexionar sobre o propio feito da memoria do atopado".

Que che parece esta nova?
98 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Reina Sofía, ButacaZero, Madrid, Espectáculo...