Co gallo dos 10 anos de traxectoria, de Afundación, Obra Social ABANCA, abren hoxe sete exposicións de arte en cada unha das setes sedes da entidade (Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Ferrol, Ourense, Lugo e Pontevedra). 'SIMULTÁNEA' é o nome desta acción en conxunto, que leva a cada un destes espazos unha parte da Colección de Arte AFundación, presentándoas baixo sete conceptos ou ideas. En total son trescentas cincuenta obras, entre fotografía, pintura, escultura, videoarte e instalación, de máis de duascentas autorías do século XIX á actualidade as que se poden ver nesta "macroexposición" comisariada por Paloma Vela.
'SIMULTÁNEA' presenta as pezas desta colección declarada Ben de Interese Cultural, agrupadas dun xeito diferente, afondando en elementos identitarios que nos achegan como comunidade e que dan conta da riqueza, calidade e evolución da nosa arte: o retrato, o obxecto, o mar, a natureza, a abstracción, a arquitectura e a fantasía son os sete temas que abordan desde un percorrido multidisciplinar. A distribución destas mostras que abren hoxe é: A Coruña, Modo Retrato; Ferrol, O Obxecto Contemporáneo e Doméstico; Lugo, Escenas de costa e mar aberto; Ourense, Espazo aberto e natureza; Pontevedra, Abstraccións e mensaxes cifradas; Santiago De Compostela, Arquitecturas Narradas; Vigo, Voar coa imaxinación. Todas elas poderán verse ata o 25 de xaneiros e dispoñen de servizo de visitas guiadas.