O Consello da Cultura Galega e a Real Academia de Ciencias presentaron esta mañá o libro José RodrÃguez González (1770-1824). Un matemático sublime, co gallo da celebración deste precursor da ciencia galega como 'cientÃfico do ano 2024' e figura central do DÃa da Ciencia. O libro, editado por Juan José Nieto, incorpora dous textos biográficos sobre o matemático, a cargo de Daniel González Alén e M. Carmen Villanueva Pérez e outros dous, escritos por Manuel de León e Eduardo GarcÃa RÃo, sobre o contexto cientÃfico e o impacto da obra do autor de Bermés (LalÃn). A publicación pode descargarse no web do CCG. Ao tempo, o Centro de Documentación SociolingüÃstica de Galicia publicou en Proxector unha compilación de contidos sobre matemáticas e trigonometrÃa en galego en homenaxe ao cientÃfico.