Abre unha mostra sobre o matemático Rodríguez

A exposición pódese visitar na igrexa da Universidade de Santiago ata o 12 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: CienciaExposicións
Compartir:
Inauguración da mostra. Foto: RAGC

Inauguración da mostra. Foto: RAGC

A Igrexa da Universidade de Santiago acolle desde onte unha mostra dedicada a José Rodríguez (Bermés, Lalín, 1770 - Santiago de Compostela, 1824), o primeiro científico galego en contar cunha proxección internacional e a figura homenaxeada pola Real Academia Galega de Ciencias como Científico Galego do 2024. A mostra, que está promovida pola propia academia en colaboración con outras institucións como a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago, o Consello da Cultura Galega ou o concello de Lalín, está dividida en oito ámbitos que narran a vida e a actividade do matemático, as súas expedicións científicas na procura da definición do metro como unidade de medida ou a súa actividade astronómica. A mostra bota man dos libros, mapas, instrumental científico e coleccións mineralóxicas que o propio matemático cedeu á Universidade de Santiago para o "ensino público", ademais de documentos sobre a súa vida.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igrexa da Universidade, Concello de Lalín, Xunta de Galicia, Real Academia Galega de Ciencias...