Un libro para coñecer unha vida sublime

O Consello da Cultura e a Real Academia de Ciencias presentan un libro con estudos sobre o matemático José Rodríguez

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Un libro para coñecer unha vida sublime

O Consello da Cultura Galega e a Real Academia de Ciencias presentaron esta mañá o libro José Rodríguez González (1770-1824). Un matemático sublime, co gallo da celebración deste precursor da ciencia galega como 'científico do ano 2024' e figura central do Día da Ciencia. O libro, editado por Juan José Nieto, incorpora dous textos biográficos sobre o matemático, a cargo de Daniel González Alén e M. Carmen Villanueva Pérez e outros dous, escritos por Manuel de León e Eduardo García Río, sobre o contexto científico e o impacto da obra do autor de Bermés (Lalín). A publicación pode descargarse no web do CCG. Ao tempo, o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia publicou en Proxector unha compilación de contidos sobre matemáticas e trigonometría en galego en homenaxe ao científico.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Consello da Cultura Galega, Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, León...