Quiosco: A Ciencia en Galicia número 42

A revista anual da RAGC ten como protagonista a Manuel Colmeiro

| Santiago. Redacción | Seccións: QuioscoHistoriaCiencia
Compartir:
Quiosco: A Ciencia en Galicia número 42

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) ven de lanzar o número 42 da revista anual 'A Ciencia en Galicia', que produce GCiencia. A publicación, presentada ao abeiro dos actos programados co gallo do Día da Ciencia, ten como principal protagonista ao economista Manuel Colmeiro y Penido, o primeiro científico social homenaxeado pola RAGC e designado en 2023 como Científico Galego do Ano. Para conmemorar a súa figura, a revista inclúe un artigo biográfico e unha entrevista a Juan Quintás, tamén economista e membro da RAGC, que estudou en detalle a obra de Colmeiro. Amais disto, nas súas 68 páxinas inclúese un anuario coas novas científicas máis salientables do ano e un compendio das actividades da academia. Este número, que ten publicación dixital, ofrece tamén unha entrevista ao investigador do Instituto Español de Oceanografía (IEO) Rafael González Quirós na que analiza o estado dos nosos mares e outra entrevista ao matemático Manuel de León.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Colmeiro, Manuel Colmeiro, Real Academia Galega de Ciencias...