O economista político Manuel Colmeiro, novo Científico galego do ano

Foi escollido pola Real Academia Galega de Ciencias

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Manuel Colmeiro

Manuel Colmeiro

O economista e avogado Manuel Colmeiro foi escolido pola Real Academia Galega de Ciencias como Científico galego do ano, a distinción coa que anualmente se recoñece o labor e contribución de científicos do pasado a Galicia e á ciencia. A RAGC afirmou no seu comunicado de prensa que Colmeiro "non só foi un académico sobresaínte, polifacético, fecundo e recoñecido, cunha obra que influenciou a múltiples economistas, xuristas e historiadores. Foi tamén unha forza de cambio económico e social en Galicia e España". Catedrático das universidades de Santiago e de MAdrid, Colmeiro participou en diferentes proxectos reformistas en Galicia na década de 1840, como afrontar a situación da fragmentada estrutura de propiedade do campo galego ou formando parte de comisións vinculadas a estudar a mellora das comunicacións viarias ou a industrialización de Galicia.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Colmeiro, Ciencia, Manuel Colmeiro, Real Academia Galega de Ciencias...