
'Entre Palav•bras' preséntase como un proxecto de investigación que pretende afondar sobre o impacto que o teatro ten nas mudanzas sociais e civilizacionais, comprendendo o teatro como territorio. Incide tamén na súa calidade de diálogo entre dúas plataformas de produción teatral unidas pola paixón polo teatro polÃtico pero separadas por unha fronteira "tan imaxinaria como real", que separa Galicia de Portugal. O Centro Dramático Galego, da Agadic, participa como entidade co-produtora no espectáculo. As dúas pezas xa foron representadas anteriormente por separado, 'Fracturas' en Santiago de Compostela o pasado 14 Xullo no Salón Teatro, como un ensaio aberto e 'Ergue o cu' en Vila Nova de Gaia (Portugal) o pasado 31 agosto.