Rianxo musealiza dúas grandes pezas do seu patrimonio arqueolóxico

Patrimonio autoriza a exhibición das pezas no auditorio municipal

15/12/2016 | | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Podería ser unha información de rutina pero non o é. O concello de Rianxo conseguiu autorización da Dirección Xeral de Patrimonio para exhibir no Auditorio municipal dúas pezas que ata o momento tiñan almacenadas en dependencias municipais. Trátase dun escudo de época baixomedieval, do Castelo da Lúa, e Laxe dos Mouchos, unha gran pedra con gravuras de época neolítico final-calcolítico, que a partir de agora se exhibirán no Auditorio Municipal. A noticia é relevante porque Patrimonio só permitía a exhibición de pezas arqueolóxicas en museos e centros que reúnen determinadas características, como museos ou coleccións visitables. Esta decisión abre a porta á recuperación por parte de moitas entidades locais que desexan recuperar parte do seu patmimono desprazado do lugar orixinal. As pezas serán presentadas nunha conferencia o vindeiro xoves 22 ás 20.30 no Auditorio Municipal.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rianxo, Museos, Castelo, Neolítico...