A igrexa de San Bieito, situada na praza de Fefiñáns, en Cambados, lucirá de novo a súa escalinata orixinal. O recurso que presentou o Concello ante a Dirección Xeral de Patrimonio foi atendido e a entidade autonómica autoriza agora a actuación, sobre a que emitira un primeiro informe negativo. O proxecto municipal quere devolver ao seu lugar orixinal unha escalinata de preto de catrocentos anos que se desmontara na década dos 60.
O concello prevé reutilizar para a reconstrución as pezas orixinais deste elemento, conservadas desde aquela no propio muro que ocupa o seu lugar. Patrimonio establece ademais que se deberá empregar pedra antiga no caso de ser necesaria para completar algunha parte do conxunto. Estas novas pezas deberán estar marcadas de xeito discreto para facilitar a súa identificación en futuros estudos. Ademais, antes de iniciar as obras de reconstrución, será necesario desenvolver un estudo arqueolóxico da área.
Os requirimentos de patrimonio xa estaban establecidos no proxecto orixinal do Concello, que cifra nuns 40.000 euros o orzamento necesario para a actuación.