A proposta de Patrimonio sobre paralizar as obras do auditorio de Lugo provoca unha polémica do Concello con Cultura

A batalla do Auditorio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Concello de Lugo recibía recentemente a solicitude de Patrimonio de que se paralicen as obras do novo auditorio da cidade, próximo á muralla, por carecer o proxecto dun informe desta Dirección Xeral. A proposta provocou unha forte reacción do alcalde de Lugo, José López Orozco, quen denunciou onte que con esta actuación Cultura lanza "un ataque irracional" a Lugo, e apuntou que xa pasara o período para presentar alegacións ao proxecto. O director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, nega que o seu departamento pretenda paralizar o centro, e sinala que só reclama que se inclúa no mesmo o informe preceptivo.

Máis información en Galicia Hoxe, El Progreso e o proxecto do auditorio no web do Concello de Lugo

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Lugo, Galicia Hoxe, El Progreso