Ourense terá un novo espazo museístico no edificio da antiga igrexa de San Francisco

Un convenio entre Xunta e Concello achegará inicialmente 1,6 millóns para a rehabilitación

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A antiga igrexa de San Francisco, situada no conxunto monumental do mesmo nome en Ourense, pasará a ser o primeiro museo municipal da Cidade. A Xunta e mailo Concello veñen de acordar un convenio para a súa rehabilitación como espazo museísitico o cal implica levar a cabo obras de reacondicionamento. O espazo estaba desacralizado xa que o culto trasladárase ao Parque de San Lázaro no ano 1929 e o que queda no emprazamento orixinal é o espazo da igrexa, construída no século XIV e algúns dos seus restos. Segundo se recolle do Consello da Xunta , a administración autonómica aportará 1,6 millóns de euros para as obras destinadas a reintegrar dalgunha forma o espazo cuberto da nave principal. A proposta expositiva pasará por expor e poñer en valor no espazo da igrexa orixinal as fábricas, litografías e elementos escultóricos que se conservan in situ, reinterpretando virtualmente o espazo de culto do templo medieval.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense

Claves

Lugares