Paso adiante para a creación do Museo da Minería en Fontao

O consello da Xunta aprobou a cesión dos espazos ao concello de Vila de Cruces

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Museo da Minería do poboado de Fontao está máis preto de ser unha realidade. O Consello da Xunta aprobou onte a cesión dunha serie de instalacións (as escolas, igrexa e cine) de xeito gratuíto ao concello de Vila de Cruces, o que posibilitaría poñer en marcha o espazo. O proxecto deseñado polo concello implica a instalación dunha sala de exposicións na igrexa, converter o antigo cinema nunha sala polivalente para eventos culturias e musicais, mentres que as antigas escolas destinaranse aos colectivos da parroquia e á oficina de turismo. A rehablitación do poboado mineiro de Fontao supúxolle ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) 9.3 millóns de euros.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vila de Cruces, Cine, Escolas, Turismo...