Paralizado o Museo da Minería de Galicia antes da súa apertura

Precísanse 20.000 euros adicionais para melloras antes da súa apertura

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O concello de Vila de Cruces corre cos gastos de mantemento do Museo da Minería de Galicia, ubicado nas antigas instalacións da mina de Fontao, un importante complexo de extracción de wolframio. O director, Diego Casal, xa foi nomeado en 2012, as tarifas dos visitantes xa foron aprobadas e o complexo xa acolleu algúns actos públicos, pero precisa de 20.000 euros para acometer unha serie de reformas estruturais necesarias antes da súa apertura. Segundo o Diario de Pontevedra, o concello xa explorou algunhas administracións, tanto provinciais como autónomicas, pero aínda non conseguiu financiamento.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diario de Pontevedra, Vila de Cruces