En 2008, os familiares do xeólogo holandés Jan Dirk Hilgen doaron boa parte do seu legado ao concello de LalÃn. Este cientÃfico foi un namorado da Galicia occidental e da serra do Candán. O legado estaba composto por un gran volume de fotografÃas (1.532), libros, diapositivas, instrumentos ópticos, correspondencia e unha importante colección de 51 mapas. En 2008, o concello de LalÃn cedeu temporalmente este legado, a través dun convenio de cesión temporal, para o Museo da MinerÃa de Fontao que Ãa abrir nas minas do mesmo nome no concello de Vila de Cruces. Tras o fracaso da apertura do museo, o material volveu a LalÃn en 2018 para ser incorporado ao Pazo de Liñares, onde se atopa na actualidade. Pero faltaban os 51 mapas, que non foron localizados no Museo da MinerÃa de Fontao nin noutras dependencias municipais. O situación deu lugar a escritos e declaracións do concello de LalÃn e un dos principais defensores do legado de Hilgen, o xeógrafo Antonio Presas, quen chegou a recorrer á Valedora do Pobo para solicitar a entrega destes materiais. Onte, o concello de LalÃn anunciou a interposición dunha querela xudicial contra o concello de Vila de Cruces polo incumprimento do convenio e solicitar o retorno destes documentos a LalÃn.