Levan o 80% da súa rehabilitación, que supuxo un investimento de preto de 900.000 euros, pero aÃnda lle faltan para estar completamente rematadas, como mÃnimo, un ano. Isto é o tempo que contabiliza o alcalde de Lousame, Santiago Freire, para rematar a musealización da contorna de San Finx, o que foi un destacado depósito de wolframio entre o século XIX e mediados do século XX. O concello acaba de solicitar á Xunta un novo obradoiro de emprego para completar os traballos no poboado, no propio museo e no contorno. A escola xa funciona actualmente como centro de interpretación. O complexo atraerá a uns 10.000 visitantes ao ano, segundo os cálculos do concello que ten asinado un convenio coa Unión Europea para incluir o museo de San Finx nun circuito internacional do patrimonio mineiro.