Monterroso contará cun Centro de Interpretación da Feira de Santos

O antigo centro de saúde acollerá tamén o Museo Carlos Méndez

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Consellería de Cultura anunciou este 14 de abril o vindeiro investimento de 200.000 euros mediante un convenio co Concello de Monterroso. A contía servirá para desenvolver un Centro de Interpretación da coñecida Feira de Santos que se celebra nesta localidade así como un Museo que amosará a importante colección de pezas que compilou o párroco Carlos Méndez e que lle cedeu ao concello e ao Instituto de Estudos Ulloáns.

Segundo explica esta institución no seu web, a colección que será a base do antigo museo comprende elementos como "muíños prerromanos, verracos, ídolos, tégulas, pezas de tear romano, ventás visigóticas ou capiteis románicos" que Méndez "recolleu e catalogou durante décadas, algunhas encontradas ou mercadas polo historiador, e outras doadas polos veciños de Monterroso ou cedidas en depósito. A tipoloxía das pezas é moi variada, abrangan restos históricos de diferentes épocas, e de moi diferentes temas (culinario, espiritual, festivo, artístico, documental)".

O proxecto do centro, elaborado polo Instituto de Estudos Ulloáns e mais polo Concello prevé ocupar as tres plantas do antigo centro de saúde da vila. Segundo explica o IEU no seu web "na planta baixa instalaranse a Aula-Taller de restauración e a sala de actos e exposicións, e na planta segunda a biblioteca especializada, o arquivo e as oficinas do IEU".

Dentro deste complexo, "na planta primeira localizaranse o Centro de Interpretación da Feira, con tres grandes salas ("O enclave da feira", "Os feirantes" e "As mercadorías") e o Museo Carlos Méndez, con outras tres salas ("Etnografía comarcal", "Dende as orixes de Monterroso ata a década dos 20 do século pasado", "O último século da historia monterrosina")". O IEU será responsable da xestión do novo museo.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Quiosco: Cairón 2

Quiosco: Cairón 2

O Instituto de Estudos Ulloáns presenta en Monterroso a segunda entrega da súa revista

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Monterroso, Consellería de Cultura, Etnografía...