Quiosco: Cairón 2

O Instituto de Estudos Ulloáns presenta en Monterroso a segunda entrega da súa revista

16/3/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: quiosco
39 lecturas | Compartido 0 veces

A coincidir coa celebración da III Feira do disco e do libro galego de Monterroso, o Instituto de Estudos Ulloáns presenta o número dous da revista Cairón. A entrega achega perfís de persoeiros
históricos da comarca como Johan López D'Ulhoa ou o guerrilleiro Benedicto Fuentes Díaz. Un artigo sobre as peregrinaxes pola zona de Otero Pedrayo, as fadas de aspecto equino nas lendas da comarca, o patrimonio cultural da Ulloa ou a importancia das carballeiras da zona son outros contidos presentes no número, que inclúe tamén unha entrevista con Teresa Batán, do grupo de teatro da Biblioteca Pública de Antas de Ulla.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
3 lugares identificados
Claves temáticas
Protagonistas