O diplomático VÃctor Sánchez Mesas reuniu ao longo da súa vida unha importante colección de arte que inclúe obras de DalÃ, Picasso, Tapiés, Chillida ou pezas de arte oriental. Agora, logo do seu falecemento e do da súa dona, 192 pezas deste importante legado van poder verse no Museo de Pontevedra mediante unha doazón. O director do Museo, Carlos Valle, destacou a importancia de que persoas sen especial vencello con Galicia decidisen ceder a súa colección a este centro, e destacou o importante labor de mediación que realizou Gonzalo Fernández de la Mora neste sentido.