Unha exposición recolle no Palacio Municipal de MarÃa Pita da Coruña cerca dun centenar de tapetes elaborados para homenaxear a Picasso con motivo dos ataques sufridos polo pintor desde o franquismo na celebración do seu 90 aniversario. Un cento de obras do total de 400 que compoñen a colección de tapetes elaborados por uns 250 artistas e que actualmente son propiedade da Fundación Vila Casas, que cedeu os traballos para a celebración da exposición "Homenaxe a Picasso, Vallauris 1972" na Coruña. Entre as pezas expostas atópanse obras de Tà pies, Joan Miró, Eduardo Chillida, Rafael Alberti, Pau Casals, Juan Genovés, Camilo José Cela e Paloma Picasso entre outros artistas que conforman unha orixinal exposición enmarcada na celebración do Ano Picasso e do 50 aniversario do seu falecemento.
Foron nada menos que 250 os artistas nacionais e internacionais do mundo das artes plásticas, poetas, escritores, músicos, das artes escénicas ou do cinema as que responderon a esta iniciativa coa que se homenaxeou a Picasso. Antonio Saura, Pablo Serrano, Antoni Clavé, Antoni Tà pies, Salvador Espriu, Victoria Kent, Pau Casals, Joan Miró, Eduardo Chillida, Juan Genovés, Pierre Alechinsky, Rafael Albert, Antonio Buero Vallejo, son só algúns dos artistas que participaron nesa homenaxe. Na mostra recóllese unha selección da colección composta polos tapetes elaborados por artistas que participaron no 1er. Rencontre international d'Hommage á Picasso desenvolto na localidade francesa de Vallauris no 1972. Neste caso, os tapetes a través dos cales se rendeu homenaxe a Picasso dan a oportunidade de gozar de técnicas moi diferentes e variadas: pinturas, debuxos, gravados, serigrafÃas, colaxes, bosquexos, poesÃas, o que de seu representa unha excepcional oportunidade de lembrar moitos dos movementos artÃsticos dos anos 60 e 70, ademais de grupos como El Paso, Equipo Crónica, Estampa Popular o Dau al Set, colectivos artÃsticas de vangarda que tiveron un papel fundamental na posguerra española. A colección foi exposta o pasado ano en Barcelona e agora, con Nadia Hernández como comisaria, chega á Coruña.
A idea de utilizar tapetes para esta homenaxe foi suxerida por Salvador DalÃ, que xa utilizaba na súa obra os manteliños de papel acuñado que cubrÃan as bandexas das confeiterÃas de Figueres. Desta maneira, todas as obras terÃan un soporte homoxéneo. Santiago Palet substituÃu a idea do manteliños de papel acuñado por unha peza de algodón branco rematada por unha puntilla. Un soporte máis resistente que, con todo, transmitÃa do mesmo xeito a idea dunha bandexa alusiva á homenaxe. Os tapetes foron confeccionados polas relixiosas dun convento do barcelonés barrio da Bonanova e enviados por correo a todos os artistas, solicitando a súa adhesión á homenaxe a Picasso mediante a realización dunha dedicatoria debuxada sobre a tea orlada. Mediante o mesmo canle postal, os artistas contactados devolveron os seus tapetes intervidos con diferentes técnicas: debuxos, pinturas, colaxes, gravados, serigrafÃas, bosquexos para esculturas, poesÃas e mesmo música. Unha extensa variedade de expresións artÃsticas sobre un soporte unitario.
A exposición está estruturada en sete apartados. O primeiro, denominado "Viva Picasso", recorda como na década dos setenta Picasso e o seu 'Guernica' eran sÃmbolos da liberdade. A segunda parte, "Unha convocatoria multidisciplinaria" detalla como a exposición 1er Rencontre International d'Hommage à Pablo Picasso, celebrada en Vallauris en 1972, convocou a artistas visuais, escritores, músicos e outros personaxes do mundo cultural, que participaron cunha dedicatoria a Picasso realizada sobre un tapete como sÃmbolo da homenaxe. O terceiro apartado, "Unha homenaxe internacional" recolle obras de artistas de diferentes paÃses que foron convocados por correo postal para participar, evitando asà a censura. No cuarto apartado a exposición recolle o denominado "Exilio interior", mentres que no quinto aborda "A censura e a represión" e no sexto a temática é a "Indignación" do mundo da arte ante os ataques a un aclamado Picasso. O último apartado da exposición presenta a "Picasso como paradigma", simbolizando un modelo de comportamento artÃstico que enfrontaba a todos e cada un dos artistas activos na España dos setenta á posibilidade dunha práctica artÃstica comprometida.