O Ano Picasso, co que se conmemora ao artista no 50 aniversario da súa morte, dá os seus primeiros pasos na Coruña. A exposición "Ruiz Picasso, A Coruña 1894 / París 1922" da Fundación María José Jove poderá contemplarse durante todo o ano na Sala de Arte da entidade, conta ademais cun programa paralelo de actividades didácticas. Por outro lado o Concello da Coruña desenvolverá este venres as primeiras rutas e visitas teatralizadas para recordar a estadía do pintor na cidade herculina.
O título da exposición presentada pola Fundación María José Jove é unha chiscadela ás sinaturas do artista en ambas cidades e ás datas de creación de dúas das súas obras integrantes da Colección de Arte Fundación María José Jove: 'Vinos del Rivero', 1894, e 'Pera, vaso y limón', 1922. A mostra aborda o contexto social e cultural de ambas cidades nas que se crearon, ás que se suma 'La modelo en el estudio', 1965, así como as de artistas cos que Pablo Picasso mantivo unha relación persoal e que participaron da comunidade internacional que, no París de entreguerras, configurou o discurso da arte de vangarda, nun ambiente altamente creativo, reivindicativo, libre e plural. Na exposición poden verse obras de Óscar Domínguez (1906-1957); José Palmeiro (1903-1984); Antoni Clavé (1913-2005); Joaquín Peinado (1898-1975); Francisco Bores (1898-1972); Hernando Viñes (1904-1993); Salvador Dalí (1904-1989); Eduardo Chillida (1924-2002); Wassily Kandinsky (1866-1944); Fernad Léger (1881-1955); Ismael Gómez de la Serna (1898-1968); Celso Lagar (1891-1966); Joan Miró (1893-1983) ou Manuel Ángeles Ortiz (1895-1984 ), entre outros.
Rutas e visitas teatralizadas
O Concello da Coruña súmase tamén á celebración este venres desenvolvendo as primeiras rutas e visitas teatralizadas para recordar a estadía na cidade de Pablo Ruíz Picasso (entre os anos 1891 e 1895). A iniciativa, englobada no denominado proxecto VINTE, propón recuperar para a cidadanía coruñesa a memoria do territorio habitado polo pequeno Picasso durante a súa estadía na Coruña, intervindo por medio das artes escénicas os principais espazos que marcaron a súa vida na nosa cidade. O proxecto VINTE permite conmemorar o 20º aniversario da inauguración da Casa Museo Picasso da Coruña, que tivo lugar o pasado 18 de decembro. A compañía teatral coruñesa Os Náufragos Teatro será a encargada de desenvolver estas actividades escénicas nalgúns dos máis importantes enclaves relacionados co Picasso coruñés, centrando o protagonismo na que foi, precisamente, a vivenda familiar dos Ruiz Picasso na Coruña: a que actualmente é a Casa Museo Picasso. Varias accións teatrais, unha peza con elementos musicais e visuais e un percorrido teatralizado pola cidade serán os eixos de acción desta proposta cultural participativa, coa que se pretende construír unha realidade ficcionada do paso do pequeno Pablo Ruiz Picasso pola Coruña e achegar á cidadanía coruñesa unha nova lectura deste aínda pouco coñecido territorio picassiano coruñés. Tanto a ruta como as visitas teatralizadas na Casa Museo Picasso repetiranse ao longo deste ano de celebracións relacionadas co pintor, de tal maneira que o 8 de abril, día do 50 cabodano da súa morte, e o 20 de maio, coincidindo co Día Internacional dos Museos, volverán a desenvolverse a cargo dos integrantes de Os Náufragos Teatro.