Museo da historia local e centro de interpretación da feira de Monterroso, ese é o obxectivo do novo museo aberto no antigo centro de saúde desta localidade lucense que ven de ser inaugurado este sábado. A importancia social e económica das feiras locais, destacando a Feira de Santos pola súa antigüidade atribuÃda de ata 800 anos e o seu alcance, son o núcleo deste espazo expositivo que pon en valor a súa relevancia e evolución. Nos tres andares dos que dispón exhibirase unha exposición permanente con restos históricos de diferentes épocas, algúns prehistóricos e outros atribuÃbles a diferentes etapas e movementos artÃsticos, e de moi diferentes temáticas, como culinaria, espiritual, festiva, artÃstica ou documental, entre outras. O museo disporá tamén de almacén, obradoiro de restauración e intervención das pezas que o necesiten ou un arquivo documental. O centro permitirá expoñer e poñer en valor as pezas doadas polo crego Carlos Méndez, un importante legado de ata 1.400 pezas e códices que lle cedeu ao concello e ao Instituto de Estudos Ulloáns.
Segundo explicou esta institución no seu web, a colección comprende elementos como "muÃños prerromanos, verracos, Ãdolos, tégulas, pezas de tear romano, ventás visigóticas ou capiteis románicos" que Méndez "recolleu e catalogou durante décadas, algunhas encontradas ou mercadas polo historiador, e outras doadas polos veciños de Monterroso ou cedidas en depósito. A tipoloxÃa das pezas é moi variada, abrangan restos históricos de diferentes épocas, e de moi diferentes temas (culinario, espiritual, festivo, artÃstico, documental)". O proxecto do centro, elaborado polo Instituto de Estudos Ulloáns e mais polo Concello comezou a materializarse en 2021 grazas a sinatura dun convenio de colaboración entre a Xunta e o concello, polo cal o goberno autonómico achegou 200.000 euros e o consistorio 50.000 para levara a cabo o museo que desde onte xa está aberto ao público.