Patrimonio desautoriza a reconstrución da escalinata de Fefiñáns

O Concello de Cambados pretendía recuperar a peza desmontada nos anos 60

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Proxecto de reforma da praza de Fefiñáns. Fonte: Concello de Cambados.

Proxecto de reforma da praza de Fefiñáns. Fonte: Concello de Cambados.

O proxecto do Concello de Cambados de reconstruír a escalinata da igrexa de san Bieito non conseguiu a aprobación da Dirección Xeral e Patrimonio. O organismo da Xunta emitiu un informe negativo á proposta municipal que pretendía recuperar esta peza que comunicaba o templo coa praza de Fefiñáns ata os anos 60, cando foi eliminada por entorpecer o tráfico.

Segundo recollen medios como o Diario de Arousa, a proposta municipal pretendía reconstruír a escaleira coas pezas orixinais, numeradas e integradas actualmente no muro co que o adro do templo linda na praza. Ante a negativa de Patrimonio, o Concello anunciou a súa intención de presentar un recurso de alzada e de se reunir con este organismo para abordar a viabilidade do proxecto.

A recuperación deste elemento patrimonial facía parte da reforma da Praza de Fefiñáns que o goberno municipal anunciou no pasado mes de marzo.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Cambados, Arousa

Claves

Lugares