Friccións entre Xunta, concello e descubridor pola estela de Pedra Alta

Patrimonio advirte ao descubridor da estela do risco de multa

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

En maio de 2011 publicouse o achado da estela de Pedra Alta, no concello de Castrelo do Val. Tratábase dun monumento da Idade do Bronce que representa o conxunto de armas dun guerreiro e é, segundo os arqueólogos que a analizaron, unha peza de gran valor histórico. O problema é que tanto o seu descubridor coma o concello de Castrelo de Val desexan que a pedra fique nas proximidades do seu lugar de localización, no Museo Etnográfico municipal. Pero a Dirección Xeral de Patrimonio e o Museo Arqueolóxico de Ourense lembran que, de acordo co marco legal actual, os obxectos arqueolóxicos deben ser depositados nas institucións designadas por este para acollelos. O descubridor, José Luis Lozano, recibiu esta semana un aviso da Dirección Xeral conminándoo a entregar a peza baixo multa entre 60.000 e 150.000 euros.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade do Bronce, Museo Arqueolóxico de Ourense, Dirección Xeral de Patrimonio, Arqueoloxía...