Aparece unha estela funeraria única na Illa Coelleira

O achado está vencellado ao antigo mosteiro situado neste lugar do Vicedo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Imaxe da presentación da estela funeraria da Illa Coelleira

Imaxe da presentación da estela funeraria da Illa Coelleira

O Concello do Vicedo presentou onte o que promete ser un importante achado sobre o antigo mosteiro situado na Illa Coelleira. No marco das investigacións arqueolóxicas que se están a facer na zona descubriuse unha estela funeraria de pedra cunha grande cruz de tres brazos horizontais e varias outras gravadas en diferentes caras da peza. Segundo destacou o investigador Iñaki Sagredo, responsable da escavación, non hai rexistros de pezas semellantes e o achado outórgalle unha nova importancia ao mosteiro, coa posibilidade de que este complexo fose maior do que se pensaba. As investigacións arqueolóxicas continúan na illa.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)