Aparece no Facho un centro de culto prerromano

O achado é único no país

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A parte máis antiga do castro do Facho, en Cangas, albergou entre os séculos I antes de Cristo e o I despois de Cristo un importante centro relixioso. O director das investigacións neste depósito, José Suárez, e mais o director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, calificaron onte este achado coma "único" xa que non se localizaron no país restos arqueolóxicos deste tipo previos á época romana. Entre os restos apareceron pezas coma unha vintena de fichas de xogo de cerámica, que se suman a outros elementos xa localizados na área. No mesmo lugar xa se descubrira un centro de culto dedicado do deus Berobreo, datado entre os século III e IV despois de Cristo.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Cando un castro agacha un templo

Cando un castro agacha un templo

O arqueólogo José Suárez reinterpreta o castro do Monte Facho coma un enorme espazo de culto xa antes de época romana

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con José Suárez, Deus, Cangas

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares