Achados arqueolóxicos revelan a importancia do Castro, en Vigo

No lugar apareceron restos dunha factoría e indicios dun espazo comercial

4/12/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Monte do Castro, en Vigo, albergou posiblemente antes do século I antes de Cristo, un centro industrial e comercial de importancia. A última campaña de escavacións que se realizou nesta área descubriu restos dunha factoría e de instalacións coma pilas e canalizacións de auga, o que apunta á importancia do lugar como centro comercial. Segundo explica Matilde González, responsable do proxecto museográfico do xacigo, aínda queda por determinar a función exacta de moitas destas instalacións, pero está claro que se trata dun punto de grande importancia en canto ao comercio.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo

Claves

Lugares