Os achados arqueolóxicos revelan que Vigo era xa un importante porto durante a dominación romana

A vella importancia de Vigo

30/6/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Segundo publicaba onte o “Faro de Vigo”, os achados arqueolóxicos realizados no fondo da ría revelan que a Cidade Olívica era xa un importante porto comercial no tempo dos romanos. Javier Luaces e Cristina Toscano son os investigadores que acharon o que parecen ser os restos dun barco do século I e unha grande cantidade de ánforas mergulladas. Estes restos, onda os aparecidos nos xacementos de Mirambel e da rúa Rosalía de Castro, revelan unha importante actividade comercial do Vigo da época co sur da Península Ibérica.

Máis información na edición do domingo de Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Faro de Vigo, Rosalía de Castro, Cidade Olívica...