Restos romanos confirman a importancia do Castro en Vigo

Un foxo defensivo e un depósito de ánforas apareceron nunha intervención urbanística

8/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimoniohistoria
17 lecturas | Compartido 0 veces

A Rúa Celso Emilio Ferreiro, en Vigo, agochaba os restos dun foxo castrexo anexo ao monte do Castro. As obras de humanización da vía revelaron esta estrutura defensiva e mais diferentes restos de ánforas romanas do século I da nosa era. Esta é a primeira estrutura defensiva vencellada ao poboado castrexo que aparece na Cidade Olívica. Segundo explicaron os arqueólogos responsables da investigación, as ánforas que se atoparon no seu interior estaban fabricadas en Andalucía e chegaban a Vigo por vía marítima. A Dirección Xeral de Patrimonio decidirá agora se amplía a área a escavar na zona.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Celso Emilio Ferreiro, Dirección Xeral de Patrimonio, Andalucía...