Os muros de oito vivendas castrexas, vinte novas aras dedicadas ao deus Berobreo e restos de varias ánforas orixinarias do sur da PenÃnsula son os principais achados da segunda campaña de escavacións arqueolóxicas no santuario do Monte Facho, en Cangas. En breve comezarán novos traballos de investigación que se centrarán na zona máis achegada ao santuario. Os arqueólogos encargados deste traballo consideran que as vivendas localizadas supoñen só entre o un e o dez por cento do total de casas existentes no lugar e destacan a importancia dos restos localizados.
Máis información en La Voz de Galicia e no noso tema sobre o santuario