Aparecen restos do Neolítico e da Idade do Bronce nas obras da vía rápida do Morrazo

Arqueoloxía rápida

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
As catas arqueolóxicas que se están a realizar no Concello de Moaña por mor da construcción da vía rápida do Morrazo veñen de sacar á luz importantes restos do Neolítico e da Idade de Bronce. Restos de cerámica e pegadas que revelan a construcción de cabanas entre o 3000 e o 2000 antes de Cristo revelan a importancia que tivo esta zona para os nosos antepasados. A construcción desta estrada estivo acompañada pola polémica xa que atravesa zonas dunha grande riqueza natural e arqueolóxica e pasará por riba dalgúns destes xacementos.

Máis información en La Voz de Galicia e en Faro de Vigo; web da Plataforma Anti Vía Rápida

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morrazo, Neolítico, Idade do Bronce, Arqueoloxía...