O Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo (GEAAT) fechaba este venres 30 a décima campaña de escavacións do xacemento romano da Cibdá de Armea, en Allariz. Como primeiras conclusións deste proceso, as persoas responsables deste grupo realizaron "un balance moi positivo dos avances acadados, entre os que destacan a ampliación do xacemento en 200 novos metros escavados, a localización de estruturas de ocupación previa e a localización de numerosos restos materiais". Entre estes últimos sobresae o achado dunha "cabeza de pedra de figuración humana, previsiblemente do século I despois de Cristo, que supón un dos poucos vestixios do seu tipo localizados ata o momento en Galicia".
Adolfo Fernández, director do proxecto, destacou que estes achados confirman a potencia dun xacemento que "ten un estado de conservación case único en Galicia, xa que nel non houbo unha ocupación posterior da Cibdá que viñera a arrasar cos restos romanos, nin labores agrÃcolas que viñeran a danar a zona. Ao quedar abandonada converteuse nunha fraga e por iso se conserva tan ben".
Vista aérea do xacemento de Armea. Fonte: Uvigo
Ampliación das domus
Nos traballo da última temporada destacou a aparición, nunha das domus de tipo romano que fan parte deste conxunto, dun "atrio, que é como unha especie de patio enlousado onde se recollÃan as augas do tellado" no cal "o chan todo cuberto con pavimento de pedras de granito e apoios con grandes sillares para os postes de madeira, probablemente do tellado".
Outra das domus do conxunto ampliouse coa descuberta de dúas novas estancias e continuouse tamén a investigación da rúa central do xacemento. Entre outros materiais, nas escavacións apareceron "gran cantidade de restos materiais, como son miles de fragmentos cerámicos, vidro e moitos metais de bronce e ferro, como xoias, fragmentos de caldeiros e todo tipo de remaches", restos todos eles datados entre ós séculos II e III da nosa era.
Vista da cabeza descuberta en Armea. Fonte: Uvigo
Unha cabeza romana
Por baixo das construcións desta época o equipo constatou a existencia de restos datados no século I, e vencellada a eles apareceu "unha cabeza de pedra de figuración humana que estarÃa incrustada na parede desa casa máis antiga que está baixo das grandes domus visibles", informa a Uvigo. Este elemento, segundo Fernández supón "un achado importante porque cabezas deste tipo hai moi poucas no contexto galego, arredor dunha vintena, e a maiorÃa relacionadas con cabezas de guerreiros". O feito de aparecer nun cronolóxico galaico-romano supón unha singularidade da peza, xa que polo xeral estas cabezas pétreas "asimÃlanse a contexto indÃxena, castrexo". "Aà tamén radica parte da súa relevancia, porque está nun contexto claramente alto imperial, queda claro o seu carácter romano", recoñece Fernández.
A peza ten unhas dimensións aproximadas de 60 cm, fáltalle a parte inferior e ten "un enganche que parece ser para amarrar unha corda e que puidera funcionar como amarradoiro de gando", segundo o equipo responsable do proxecto. Pendentes de estudos que se desenvolverán nos vindeiros meses, desde o GEAAT aventuran que "o vestixio probablemente tivera un carácter protector da casa".