Castrelo de Val recupera temporalmente a Estela de Pedra Alta

Trátase dunha gran peza granítica da Idade do Bronce localizada por un veciño

| o```````````````````````````````````````` | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A estela de Pedra Alta foi presentada ao público en maio de 2011, localizada por José Luis Lozano mentres preparaba unha finca. Os investigadores concluíron que se trataba dun valioso e escaso monumento da Idade do Bronce que representaba o conxunto de armas dun guerreiro. Malia as reticencias dos veciños, a estela foi trasladada ao Museo Provincial de Ourense. Agora, trala reclamación do concello, a Estela volverá por un ano e se instalará no Museo Etnográfico. No futuro, o concello podería facer unha réplica.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Un puñal cravado á memoria

Un puñal cravado á memoria

O Museo Arqueolóxico de Ourense dá a coñecer unha singular arma celtíbera localizada no castro de Santomé

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade do Bronce, Ourense

Claves

Conceptos
Lugares