Abre a mostra Rosalía. Proclamar ao mundo que Galiza existe

O Museo do Pobo acolle desde este 25 de setembro o proxecto de Vía Galega e Galiza Cultura

24/9/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Vinte paneis a repasar a traxectoria vital e literaria de Rosalía de Castro compoñen Rosalía. Proclamar ao mundo que Galiza existe. O Museo do Pobo abre este 25 de setembro esta exposición con textos do investigador Francisco Rodríguez e promovida por Vía Galega e pola Federación Galiza Cultura. Os contidos da exposición e o catálogo correspondente están dispoñibles en liña no web de Vía galega.

Segundo explica a presentación do proxecto, este "conxuga tres aspectos determinantes para coñecer e valorar a figura e a obra de Rosalía de Castro: a súa biografía, o contexto histórico e socio-cultural en que se desenvolve e a orientación, o sentido e a vixencia da súa obra".

Deste xeito, a mostra quere salientar a formación intelectual da autora así como repasar, a través de fragmentos da súa obra, os seus posicionamentos sobre cuestións como o matrimonio, a emigración, a situación subalterna de Galicia ou o papel da muller, a incidir no seu compromiso social e cultural.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Francisco Rodríguez, Museo do Pobo Galego