A Federación Galiza Cultura recoñece o traballo de Francisco Rodríguez

A entidade outorgoulle ao filólogo e político o seu primeiro Premio Nacional

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Eduardo Castro Bal (Ollo de Vidro-ACAB) (2015). AELG

Eduardo Castro Bal (Ollo de Vidro-ACAB) (2015). AELG

Por vez primeira, a Federación Galiza Cultura daba a coñecer onte o fallo do seu Premio Nacional, que foi para Francisco Rodríguez. Segundo explicou Pilar García Negro, presidenta da Federación, o galardón recoñece unha traxectoria poliédrica que combina a investigación filolóxica e literaria, con achegas destacadas sobre a figura de Rosalía de Castro, cunha continua militancia de base en diferentes colectivos e un labor político como parlamentario e deputado no que tamén estivo presente a defensa da cultura do país. Co lema "50 anos ao servizo da cultura galega", o vindeiro 22 de abril en Ferrol celebrarase un xantar aberto a todos os interesados no que o galardoado recollerá o premio.

Ás entidades que fan parte da federación, con nomes como O Galo, Alexandre Bóveda, O Castro, Altofalante, Maio Longo ou Auriense adheríronse no recoñecemento unha trintena de colectivos culturais de todo país, entre eles a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega‑Ensino, a Fundación Galiza Sempre ou A Mesa pola Normalización Lingüística.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Rodríguez, Rosalía de Castro, Pilar García Negro, Ferrol...