Xesús Alonso Montero é recoñecido co Premio Laxeiro

O filólogo recollerá o galardón o vindeiro 23 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Xesús Alonso Montero. Fonte: RAG

Xesús Alonso Montero. Fonte: RAG

O filólogo Xesús Alonso Montero foi galardoado co Premio Laxeiro 2023. O padroado da entidade daba a coñecer este 1 de decembro o acordo unánime polo que recoñecen o profesor e investigador co máximo galardón da entidade. O acto de entrega celebrarase o vindeiro 23 de febreiro.

Alonso Montero, considerado un dos principais investigadores sobre a nosa literatura, é catedrático emérito de Literatura Galega ademais membro e antigo presidente da Real Academia Galega. Segundo destaca o fallo do xurado, trátase "dun dos ensaístas máis importantes e notables de Galicia das últimas décadas" e sinala que "a cultura e desenvolvemento cultural de Galicia na segunda metade do século XX e no primeiro cuarto do século XXI están exemplificados en Xesús Alonso Montero".

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Alonso Montero, Laxeiro, Literatura, Real Academia Galega

Claves

Conceptos