Galiza Cultura inicia a celebración do 'Ano Nós' cunha exposición

Inaugurarase no Museo do Pobo Galego

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:

A Federación de Asociacións Galiza Cultura deu o primeiro paso para a celebración do centenario do primeiro número da revista Nós, a publicación ao redor da que se reuniron a xeración intelectual máis relevante da Galicia do século XX. Este mércores ás 17.30 inaugúrase no Museo do Pobo Galego a exposción "Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia", que percorre a traxectoria dun grupo no que participaron Vicente Risco, Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Ánxel Casal e outros. A exposición itinerará despois por outras localidades galegas.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo do Pobo Galego, Ramón Otero Pedrayo, Ánxel Casal, Vicente Risco...