Continúas as homenaxes con ocasión do centenario da revista Nós. O Museo de Pontevedra organizaba este 28 de outubro o seu primeiro acto de conmemoración, cun encontro no que participaron o deseñador Pepe Barro, o profesor Emilio Xosé Insua, Patricia Arias Chachero, editora das memorias de Otero Pedrayo e mais Miguel Anxo Seixas, biógrafo de Castelao. A seguir nesta liña, a Deputación de Pontevedra continúa este dÃa 29 os actos cunha visita teatralizada á súa sede da man de Os Quinquilláns, que representarán a varios dos membros daquela xeración.
A seguir, desenvolverase o coloquio 1920 Nós, 2020 Nós-Outr@s, unha "xuntanza de profesionais dos diversos ámbitos da creación e do pensamento da cultura galega reflexionará sobre a situación transcendental que estamos a vivir e o ineludible cambio de paradigma que supón facer cultura desde a proximidade". Durante o mesmo, as artistas Lara Cores e Nuria Ferreiro desenvolverán unha obra ao vivo.
Pola súa banda, o xornal Nós Diario achega coa súa edición do 30 de outubro un exemplar facsÃmile do primeiro número da revista Nós. Segundo explica a publicación, o volume de trinta páxinas estará acompañado dun debuxo a cor de Castelao e mais un texto informativo sobre o boletÃn.
A Deputación de Ourense, pola súa banda, presentou nesta última semana de outubro dúas obras vencelladas á revista centenaria. Por unha banda, Paco López-Barxas asina Nós arredor de nós, unha colección de catro monográficos sobre as vidas de Castelao, Otero Pedrayo, Risco e Cuevillas narrados por boca dos propios protagonistas. Canda a esta obra, a entidade presentou tamén a terceira edición de La ilustración en la revista Nós, de MarÃa Victoria Carballo-Calero. O volume, que actualiza os anteriores lanzamentos da obra, aborda en 186 páxinas a vertente artÃstica da publicación. Segundo sinalou a autora, "a ilustración de Nós vai unida ao nome de Castelao, quen se encargou do aspecto tipográfico da revista, das súas portadas, viñetas e colofóns; e xunto con el colaboraron unha vintena de gravadores, debuxantes e artistas, destacando Manuel Colmeiro. Uns traballos que amosan a vangarda artÃstica do momento".