Atopan un novo baixorrelevo con motivos galaicos no castro de San Vicenzo

É o segundo relevo atopado durante esta campaña

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Foto: Jorge Lamas

Foto: Jorge Lamas

O castro de San Vicenzo de Avión segue a ofrecer sorpresas. Tras a aparición dun coidado tríscele durante a escavación do derrubo dunha cabana da croa que fora expoliada hai décadas, onte apareceu outro motivo galaico nunha peza de dimensións similares á anterior. "Puido ter formado parte de algún friso ou outra composición decorativa situada no exterior desta cabana", sinala Jorge Lamas, o arqueólogo responsable da intervención. A peza foi localizada boca abaixo e nas fotografías apréciase a 'impresión' na terra das elaboradas formas. Os traballos están financiados pola comunidade de montes de san Xusto e a Asociación Cultural Viva Avión.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

As sorpresas do Leste

As sorpresas do Leste

A escavación no castro de Montes Claros (A Laracha) revela un peculiar sistema hidráulico

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jorge Lamas, Arqueoloxía

Claves

Protagonistas
Conceptos