O CCG organiza un encontro para explicar o concepto de propiedade intelectual no novo contexto de difusión creado polas novas tecnoloxías

O son da memoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O concepto moderno de propiedade intelectual derivado das novas posibilidades de difusión das novas tecnoloxías obriga a clarificar a realidade actual da xestión dos recursos xerados. Así, falar de autoría, propiedade intelectual ou dereito de copia son conceptos complexos que crean numerosas dúbidas. Técnicos dos arquivos máis importantes como a Fonoteca de Catalunya, o Arquivo do Congreso dos Deputados, letrados de diferentes institucións como a SGAE, tentarán aclaralos e explicalos o venres 21 de novembro no III Encontro Son da Memoria que organiza o Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega.

Máis información no web do Consello da Cultura Galega

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Congreso dos Deputados, SGAE, Catalunya