A xestión dos dereitos de autor centrará un debate sobre a propiedade intelectual no Consello da Cultura Galega

¿De quen é a palabra?

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A xestión dos dereitos de autor é un tema que suscita debate e polémica, sobre todo ante a situación creada polo novo marco tecnolóxico. E ese é o tema que se vai abordar na xornada que organiza o Arquivo Sonoro de Galicia baixo o título “III Encontro O Son da Memoria” . Pola mañá centrarase na explicación dos conceptos básicos e do marco legal, mentres que pola tarde, aplicarase a teoría aos casos concretos dos arquivos sonoros da Cadea Ser, a Fonoteca de Catalunya e o Arquivo do Congreso dos Deputados. O encontro remata cun concerto ás 21:00 horas a cargo do Baldo Martínez Cuarteto Acústico na Aula de Caixa Galicia.

Máis información no web do Consello da Cultura Galega

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Congreso dos Deputados, Arquivo Sonoro de Galicia, Caixa Galicia...