O Consello da Cultura organiza o IV Encontro O Son da Memoria, dedicado á música na emigración

A escoitar a memoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no IV Encontro O Son da Memoria que organiza o Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega. Entre o dezasete e o dezaoito de febreiro analizaranse polo miúdo diferentes aspectos da música na emigración. Desde a presenza da música galega na Cuba precastrista ata o patrimonio musical dos centros galegos, pasando pola construción da galeguidade en Lisboa a través da gaita, os asistentes poderán coñecer este aspecto tan pouco tratado da nosa tradición musical da man dalgúns dos maiores especialistas na cuestión.

Máis información no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Arquivo Sonoro de Galicia, Lisboa, Cuba