O Museo das Mariñas cobra nova vida

Abríu as súas portas tras un ano de reformas e cunha nova proposta de musealización

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioSociedadeHistoriaPolíticas Culturais
Compartir:
Vista do convento e igrexa de Santo Domingo desde o edificio da Torre. Foto: Alfredo Erias.

Vista do convento e igrexa de Santo Domingo desde o edificio da Torre. Foto: Alfredo Erias.

O Museo das Mariñas de Betanzos ven de abrir ás portas de novo ao público tras un proceso de reforma que o mntivo pechado durante un ano. A institución situada no antigo Convento de Santo Domingo da cidade desde 1983, aproveitou estas reformas para ofrecer un novo diseño de musealización dos seus contidos, reorganizando e seleccionando as pezas da súa grande colección. Baixo a dirección de Ángel Arcay o museo presenta dun xeito distinto os seus fondos, amosando menos pezas e agrupándoas de xeito que sexan máis didácticas na visita, sen necesidade de guía, para coñecer mellor a historia e cultura da comarca. A nova proposta museística presenta menos pezas e separadas por temáticas e disciplinas artísticas, contando cunha sala de exposicións temporais. As reformas nas que se investiron máis de 375.000 euros incidiron na mellora de iluminación e ventas e carpintería, gañando luminosidade e seguridade para as pezas. Ainda queda pendente unha actuación máis sobre o museo por parte da Reserva de Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, sobre os fondos etnográficos que se poderán ver nun dos corredores do claustro, polo de agora pechado ata que esta remate.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

As xoias do tesouro dos Gil

As xoias do tesouro dos Gil

Dous especialistas comentan as principais pezas do legado de Álvaro Gil que retornou ao Museo de Lugo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo das Mariñas, Guía, Exposicións, Santo Domingo...

Claves

Entidades
Conceptos