O Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela pechou as súas portas no ano 2009 para facer reformas e nunca as volve abrir, xustificando o peche na falta de persoal e de recursos. Tal e como recollen medios como La Voz de Galicia e Faro de Vigo, o alcalde da vila, Gonzalo Louzao, e o director do Museo, Juan Andrés Fernández Castro, compareceron onte a ante a prensa para comunicar o final desa situación e a volta á actividade tras estes quince anos, prevista para o segundo semestre do 2025, aÃnda que as condicións horarias da apertura aÃnda están por concretar . Xa están avanzados os proxectos para a unhas mÃnimas reformas necesarias e para a musealización do fondo, que está composto por máis de 2.000 pezas agora en depósito. Compre, segundo o alcalde, a unha empresa facer unha selección das pezas para a súa distribución nos espazos do museo. A colección conta con numerosas pezas de carácter etnográfico, asà como artÃstico con pinturas de artistas como Cimadevila ou Laxeiro entre outros. Tamén hai arquivos fotográficos e documentación histórica, entre outras pezas.
Segundo recollen os medios, entre as pretensións do alcalde está a de conseguir para o museo a cesión, por parte da asociación Recreo Cultural da Estrada, de dous cadros de Castelao e un de Corredoyra en posesión da entidade. Os cadros 'Cego na romerÃa' (1913) e 'Moza con cabuxa' (1914) de Castelao e 'Cega Palatina' (1914), de Xesús Corredoyra, segundo as pretensións do rexedor terÃan un espazo de honra na exposición do museo. Para iso o Concello entra neste caso en competencia co Museo provincial de Pontevedra, o outro posible receptor desta cesión segundo o acordado polo Recreo Cultural. Na súa comparecencia o alcalde confirmou que xa remitiu á directiva do Recreo Cultural a vontade do Concello de asumir a custodia e restauración ,asà como a exposición dos cadros que Castelao regalou á entidade estradense.