Betanzos inviste máis de 375.000 euros na reforma do Museo das Mariñas

Mudará a carpintería exterior e a iluminación interior para mellorar a eficiencia enerxética

5/1/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Dous concursos públicos convocados polo concello de Betanzos van facer unha gran remuda dunha das principais institucións culturais da cidade, o Museo das Mariñas. Un dos concursos, dotado con máis de 172.000 euros, acometerá a renovación das evolventes e carpintería exterior do inmoble, radicado no antigo convento de Santo Domingo. Esta licitación foi financiada con fondos do Instituto para a Diversificación e Aforro enerxético. A outra, acometerá a renovación da iluminación interior por un sistema led que reduza o consumo enerxético do museo.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo das Mariñas, Betanzos, Concello de Betanzos, Santo Domingo