Onte arrincou a rodaxe do filme 'Antes de nós', unha película que aborda a relación sentimental entre Castelao e a súa dona Virxinia Pereira. O filme está dirixido por Ángeles Huerta e producido por Zenit TV e Retrincos, coa participación da Televisión de Galicia e a subvención da xunta de Galicia. O filme desenvolve dous episodios importantes da súa historia como parella: 1918, cando Castelao deixa a súa praza de funcionario en Pontevedra para traballar en Rianxo durante a grave epidemia de gripe. "Un heroe para o pobo pero un home ausente para a súa muller, Virxinia", sinalan no dossier da produción. O segundo dos momentos sucede en 1929, cando o matrimonio percorre Bretaña trala perda do seu único fillo. Esta será "unha viaxe que os unirá para sempre", indican no dossier. O filme está protagonizado por Xoán Fórneas no papel de Castelao e Cris Iglesias, no de Virxinia Pereira. As localizacións do filme sucederán en Compostela, Silleda, Rianxo, Catoira, Muros, Negreira ou a Estrada, entre outros.