A Estrada dedicará o Ano Cultural de 2026 a Virxinia Pereira

O Concello aproba unha programación dedicada a reivindicar a súa figura máis alá de como parella de Castelao

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e a concelleira de Cultura, Lucía Seoane, presentaron a programación do Ano Cultural Virxinia Pereira

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e a concelleira de Cultura, Lucía Seoane, presentaron a programación do Ano Cultural Virxinia Pereira

Como "xustiza histórica" asúmese desde o Concello de A Estrada a reivindicación da figura de Virxinia Pereira (A Estrada, 1884-Madrid, 1969) máis alá do seu mención como esposa e compañeira de Daniel Rodríguez Castelao. Por iso, agora que rematou o Ano Castelao, celebrado a nivel autonómico, o pleno do Concello ven de aprobar declarar este 2026 a nivel local como Ano Cultural dedicado a Virxinia Pereira o que levará a poñer en marcha unha serie de actividades ao longo destes doce meses que buscarán reivindicar o valor de seu desta muller.

Entre as múltiples accións xa programadas e presentadas onte están unha exposición en exteriores sobre a súa figura; un roteiro teatralizado organizado pola Escola Municipal de Artes Escénicas con dramaturxia de Paula Carballeira; a instalación dunha escultura na Praza de Galicia da localidade; a realización dunha xornada en colaboración coa Cátedra Castelao da USC sobre a figura de Virxinia Pereira; apoiar a publicación a cargo da Editorial Galaxia dunha obra coa súa biografía realizada pola xornalista e escritora Montse Fajardo; erguer unha lápida de Virxinia Pereira e do seu fillo serigrafada coa tipografía de Castelao, así como diferentes actividades e publicacións dirixidas aos escolares dos centros estradenses.

Que che parece esta nova?
401 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, USC, Madrid, Paula Carballeira...

Claves

Conceptos
Lugares