A Casa do Concello de Ribadavia acolleu a presentación do documental "Abrente, do ermo á rebeldÃa", unha peza audiovisual dirixida polo realizador Xan Leira que terá a súa estrea a coincidir coa clausura da 40 edición da Mostra Internacional De Teatro da localidade, o vindeiro domingo 27 de xullo. O propio concello está detrás da produción audiovisual na que Leira, experto documentalista da memoria galega a través do seu proxecto Memoria da Galiza, recupera a historia da Agrupación Cultural Abrente, nacida en Ribadavia en 1969 en e coñecida sobre todo polas Mostras de Teatro Galego que organizou entre 1973 e 1980, precursoras da actual MIT. A asociación tamén tivo importantes fitos no eido da arte e acumulou ao longo da súa historia unha colección de arte contemporánea que suma arredor de 60 obras e eno sector cultural as súas accións tiveron ecos que supuxeron importantes fitos na cultura galega. No documental participan algúns dos protagonistas desta historia, como José Luis Chao, Mercedes RodrÃguez, Concha DomÃnguez, Isolina Rionegro, José Manuel Davila, Luisa Escudero, Carmen Escudero, Amelia Fariña, Celsa Ferreiro, Roberto Pascual, César Fernández, Maximino Queizán, César Llana, José Ramón Estévez, MarÃa del Carmen Vilar, VÃctor Corral e Francisco Chao. Na presentación deste traballo Leira sinalaba como xurdÃa a inquedanza duns mozos de Ribadavia do ano 1969, "que dunha ou doutra maneira ou de maneira intuitiva sintonizaban coa música de cambios que estaba percorrendo o mundo a finais dos anos 60". A proxección do documental será o sábado 27, ás 19:00h na Casa da Cultura de Ribadavia.