A MIT de Ribadavia acolle a presentación dun proxecto documental sobre a memoria do teatro galego

O Consello da Cultura Galega promove a iniciativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
A MIT de Ribadavia acolle a presentación dun proxecto documental sobre a memoria do teatro galego

O teatro galego foi unha importante parte da acción cultural antifranquista e da recuperación da cultura galega nos inicios da democracia e da autonomía. Pero aínda se carecía dun relato amplo audiovisual que recollera a palabra de algúns dos protagonistas que, desde os anos 60, participaron na renovación e modernización das artes dramáticas de Galicia. Mañá, venres 21 de xullo, e o sábado 22 ás 19 horas, o Consello da Cultura Galega presentará no Museo Etnolóxico de Ribadavia e no marco da Mostra Internacional de Teatro as súas iniciativas para recoller a memoria deste tempo e dos seus participantes. O proxecto "A memoria do teatro galego na Transición", contará na súa primeira fase con dous documentais, "O teatro independente (1965-1978)" e "A profesionalización. A Mostra de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980)". Os espectadores poderán ver un avance dos documentais, dirixidos por Tito Asorey. O día seguinte, sábado, o Museo Etnolóxico tamén acollerá un debate sobre o "Cincuenta aniversario da Mostra de Teatro Abrente e a súa importancia no nacemento do sistema teatral galego", que contará coa participación de varios dos membros do colectivo das artes escénicas que participaron neses primeiros momentos da Mostra de Teatro.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Un legado de voces e escenas

Un legado de voces e escenas

Os dous primeiros episodios de 'Memoria do teatro galego na Transición' xa están dispoñibles en libre acceso

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Consello da Cultura Galega, Documentais, Abrente...